Matar al padre (España, 2017)

Sinopse

Na feliz Barcelona postolímpica vive Jacobo Vidal, avogado de profesión, home despótico e autoritario determinado a controlar todos os aspectos da súa existencia e a dos seus fillos, Tomás e Valeria. Pai obsesivo e disfuncional, non dubida en dobregar calquera obstáculo que se interpoña no benestar da súa familia para encaixalo á forza na súa propia visión do mundo, convertendo aos seus fillos en vítimas dun exceso de amor paterno.

Pero a vida é imprevisible e 15 anos despois, en plena crise económica mundial, Jacobo comproba perplexo como a súa vida non se corresponde co que el planeara: a súa muller botouno da casa, Tomás entregouse aos cálidos brazos das terapias alternativas opostas á visión racional que o seu pai ten do mundo, e Valeria puxo terra polo medio para facer a súa vida lonxe del. Aínda por riba, Jacobo arruinouse e perdeu a súa casa. Para el a culpa de todo tena o mundo, ese lugar hostil contra o cal hai que estar en loita permanente. Con todo, cando descobre que os seus fillos o ven coma un vello vulnerable a quen xa non necesitan e a quen máis ben hai que coidar, as certezas de Jacobo derrúbanse e o cuestionamento aflora, inevitable.

Reparto

Gonzalo de Castro, Paulina García, Marcel Borrás, Pol López, Greta Fernández

Directora

Mar Coll

Link

http://www.movistarplus.es/mataralpadre

Proyección

XOVES 21, AUDITORIO ABANCA, 21:30h – 23:30h.