El día de mañana (España, 2018)

Sinopse

El día de mañana conta a historia de Justo Gil (Oriol Pla), un mozo inquedo e cheo de ambicións, que chega como un inmigrante máis á próspera e prometedora Barcelona dos anos 60, sen nada nos petos e disposto a converterse nun home de éxito. A cidade, en plena viraxe cara á modernidade, parece sen dúbida o lugar ideal para facelo: un oasis de liberdade, posibilidades e futuro na metade do páramo do franquismo. Na súa carreira cara á cima, a vida de Justo cruzarase coa de Carmen Román (Aura Garrido), unha aspirante a actriz coa que iniciará unha historia de amor que os perseguirá durante anos. E tamén con Mateo Moreno (Jesús Carroza), policía da temida brigada social que o internará nunha escura rede de espionaxe e declaracións ao tempo que se converte nun estraño amigo para Justo. Buscando o seu sitio na cidade, Justo, Carmen e Mateo iranse mesturando con cobizosos empresarios, mozos festeiros da gauche divine, policías sen escrúpulos, estudantes rebeldes ou membros da resistencia antifranquista, habitantes dunha cidade en ebulición que atravesa un momento irrepetible.

Reparto

Oriol Pla, Aura Garrido, Jesús Carroza e Karra Elejalde

Director

Mariano Barroso

Link

http://www.movistarplus.es/eldiademanana

Proxección

VENRES 22, AUDITORIO ABANCA 21:00h – 22:15h.