Un dos principais retos de “La Peste” era recrear a Sevilla do século XVI da maneira máis realista posible, para isto foi clave a intervención do Equipo de VFX; que son os responsables dos efectos visuais ou efectos dixitais.

Un equipo de 38 artistas de VFX interviron máis de 500 planos durante 10 meses de traballo.

Reconstruír a cidade requiriu máis de 1800 elementos 3D para unha mesma escena.

Os responsables da posprodución e os efectos dixitais da serie darán unha charla na que se destriparán algunhas das secuencias intervidas para explicarlles aos asistentes, paso a paso, como se lograron algunhas das escenas máis complexas de La Peste.

Atención: aviso de spoilers!
Asistentes

Iván Benjumea, director técnico de Atípica Films e José M. G. Moyano, director en posprodución.

Programación

VENRES 22, TEATRO PRINCIPAL 18:00h – 19:00h.